Wednesday 24 de April de 2024

Cabanas avanza parte do programa do II Paseo da La


O II Paseo da La terá lugar os días 24, 25 e 26 de marzo

 

Cabanas acollerá o II Paseo da La os próximos días 24, 25 e 26 de marzo, tres xornadas nas que se levarán a cabo unha serie de actividades arredor da cultura da la.

II Pasarela Lanar

A tarde do venres 24 de marzo realizarase a II Pasarela Lanar, actividade mediante a cal prendas de la dos participantes no segundo Paseo da La lucirán sobre unha alfombra vermella instalada, para a ocasión, mirando ao mar e a la posta de sol.

Na edición deste año, os encargados de desfilar prevén que sexan uns modelos que farán que as prendas brillen ao camiñar pola pasarela, configurándose esta pola organización en colaboración cunha entidade da comarca de Ferrolterra, unha fusión perfecta nun marco incomparable.
Exposición Bestiarium

Bestiarium nace co obxecto de dar a coñecer as razas autóctonas españolas e a súa importancia no mantemento do noso patrimonio rural.

Durante a fin de semana poderase contemplar as diferentes razas autóctonas de ovellas da man de José Barea, unha visión en modo retrato de cada unha destes fermosos exemplares en perigo de extinción: Alcarreña, Ansotana, Aranesa, Canaria, Canaria de Pelo, Carranzana (variedade negra), Cartera, Castellana (variedade negra), Chamarita, Churra Lebrijana, Churra Tensina, Colmenareña, Galega, Guirra, Ibicenca, Lojeña, Maellana, Mallorquina, Manchega (variedade negra), Menorquina, Merina (variedade negra), Merina de Grazalema, Montesina, Ojalada, Palmera, Ripollesa, Roja Mallorquina, Roya Bilbilitana, Rubia del Molar, Sasi Ardi, Talaverana, Xalda y Xisqueta.

II Feria Lanar con Denominación de Orixe
Tendo a nosa ovella galega de anfitrioa, o Paseo da La 2023 contará coa participación de ASOVEGA/BOAGA.Para o fío galego de la contarase coa presenza da deseñadora Lola do Estudio Logaro e a fiandeira Bea Carbón.

Tamén se contará coa presenza de Wooldreamers, Abenaida, Hilandia, Alcapana, El Robledal de la Santa, Charlotte Houman, Ovillova, Granxa As Bolboretas, Madejas Tejerlo, Dlana, Dehesa Lana, Cabanas Rural, e como parte que engloba lanoterapia: A tecedora de Lousame e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

Encontro de tecedores e tecedoras

Este ano habilitarase un espazo para que aquelas persoas que desexen pasar o día con nós podan ter o seu propio lugar no Paseo da La.
Terán que traer útiles de traballo xa que a la a poderán adquirir alí mesmo.

Retos Hilandia

Unha mirada á la de Blanca Fernandez que nos propón dous retos solidarios,
• “Reto Hilandia”, a través do cal se invita aos asistentes a crear a súa ovella e a unila ao rabaño Hilandia, creando así entre todos así o maior rabaño virtual de ovellas do mundo.
• “Reto Ávila abraza la muralla” invitando a tecer unha bufanda a todos os que o desexen no Paseo da La. O obxectivo deste segundo reto é conseguir unha gran bufanda capaz de abrazar a muralla de Ávila.
Blanca nos trae o seu “Mapa de las”, no cal se poderá ver mostras de las das ovellas de razas autóctonas españolas.

Faladoiros e documental

Terán lugar ao longo do sábado día 25 de marzo nunha carpa destinada para esta actividade. O primeiro celebrarase ás 10:30 da mañá e se prevé realizar dous máis na tarde do sábado.

Durante esa mesma tarde do día 25 de marzo, poderemos desfrutar dun documental da man de Concha Salguero, e que se titula: “La lana, el diamante de España” Concha Salguero é coordinadora de proxectos internacionais na “Asociación Trashumancia y Naturaleza”, traballando para apoiar os sistemas pastorís, transhumantes e extensivos tanto polos beneficios que achegan ao benestar das persoas como da natureza da que dependen.

Considerada durante séculos o “ouro branco” de España e destronada máis tarde por outras fibras emerxentes, pode volver a ser clave, non só para contribuír á viabilidade económica dos nosos rabaños, senón tamén para axudar a dar respostas a retos medioambientais actuais, como a contaminación dos fondos mariños, a degradación dos chans ou o aforro enerxético.

Ela non estará presente, pero nos brinda a oportunidade de presentalo no Paseo da La.

Lanoterapia

Representa a perseveranza, a creatividade, a concentración, etc, entre outras habilidades. As melloras obtidas con esta terapia, non só se poden observar desde o plano individual, senón tamén do grupal, fortalecendo a empatía, o traballo en equipo, etc.

Mar Vidal Maceiras, fiandeira de Cabanas Rural, leva anos traballando coa la no Centro de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e a Tecedora de Lousame, Socorro Vázquez Montero, que actualmente colabora coa Cruz Vermella de Noia como voluntaria, impartindo sesións de Lanoterapia dirixidas a persoas adulta e tamén é monitora do programa “Tecendo polo cambio”, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que propón actividades que fomentan a reflexión sobre a cooperación e as desigualdades … e máis que nos contará ela.

Proxecto Go Sebastiana

Esther e Javier falarán deste proxecto que consiste na implantación dun modelo integral para a selección, clasificación e comercialización da la orientado ao aumento da competitividade e rendibilidade de pequenas explotacións de ovino.

Tramado musical

Celebraremos un concerto diferente e cheo de sorpresas que terá lugar na carpa multiusos o sábado 25 de marzo, a partir das 22:00 horas.
Normalmente empregamos o termo tramado para referirnos ao conxunto de elementos que se cruzan, conflúen e interactúan formando parte dun gran todo, que configura o Paseo da La.

Obradoiros

A organización prevé a realización de dous obradoiros durante a mañá do domingo día 26 de marzo, cuxa asistencia será gratuíta e limitada.